‘Co lapis na man’ de Abi Castillo

Técnica: Dixital

«Para realizar a miña ilustración homenaxe a Xosé Vizoso inspireime principalmente no seu traballo en Sargadelos, xa que, como ceramista, me tocaba de preto e admiro moitos dos seus deseños. Entre eles, pareceume icónico o da San Lucas, xa que fai referencia ao seu Mondoñedo natal. Quixen retratalo co seu gran bigote, rodeado dos cabalos que forman parte da figura e no momento da súa creación, cun lapis na man, que, como el ben apunta, sostén desde que naceu.»

Ceramista e ilustradora nacida en Vigo. Graduouse en Belas Artes e estudou cerámica artística na EMAO (Escuela Municipal de Artes e Oficios de Vigo). O seu traballo escultórico veu gañando terreo ao longo dos anos. Ten participado en proxectos como Women in Art (Zara) e ten exposto na galería Thinkspace de Los Ángeles, Ezberro de París e na CER.O (XII Feria Nacional de Cerámica Creativa de Oviedo) coa galería Lucía Dueñas. Na actualidade traballa en diferentes proxectos nos que a cerámica e a ilustración discorren en paralelo.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *