Formación


Escolas de Arte

Formación nos centros de ensino


EASD Pablo Picasso (A Coruña)

Ilustración de guerrilla, con Augusto Metztli

Error: please reset date.
All-day event
Augusto Metztli obradoiro

Explicarei o que é unha guerrilla, os métodos que usaban para lograr os seus obxectivos, e de maneira metafórica, como usaremos e aplicaremos as súas “tácticas” para levalas ao noso terreo, é dicir, ao oficio de ilustrar.

Mostrareilles exemplos do meu traballo e doutros autores e autoras, onde poderán ver ideas alternativas para expoñer o seu traballo, a aplicación de formatos singulares para ilustrar e o uso de técnicas orixinais para que o seu traballo se vexa, chame a atención, resoe e xa de paso se achegue á xustiza social colectiva.

EASD Ramón Falcón (Lugo)

Son fan: taller de fanzines, con Diego Estebo

De 21 de Xaneiro de 202631 de Xaneiro de 2026
All-day event
Diego Estebo obradoiro

Nesta actividade exploraremos as posibilidades técnicas e artísticas dunha folla DIN A3 á hora de elaborar un fanzine. Veremos as distintas posibilidades que temos para dobralo ou facer cortes e encartalo e como estas opcións determinarán o contido do noso fanzine e viceversa. Un taller no que planificar, facer e aplicar ilustracións a un formato impreso nun tempo récord.

EASD Antonio Faílde (Ourense)

Pop up! Papel e tesoiras, con Laura Caneira

De 20 de Xaneiro de 202630 de Xaneiro de 2026
Laura Caneira obradoiro

É un obradoiro de enxeñería de papel onde aprenderemos a mirar os libros como obxectos artísticos a través da técnica do pop-up e o collage. Ademáis de abraiarnos cos libros de Robert Sabuda, Katsumi Komagata ou Marion Mataille, exploraremos as posibilidades do papel como arquitectura xogando cos tipos de pregados e os seus ángulos para crear arquitecturas de papel. A partir de accións tan simples como dobrar, cortar, pregar e empurrar, veremos que crear personaxes ou espazos desde a nosa imaxinación non é unha tarefa imposible.