Ilustración de guerrilla, con Augusto Metztli

Error: please reset date.
All-day event
Lugar: A Coruña

Explicarei o que é unha guerrilla, os métodos que usaban para lograr os seus obxectivos, e de maneira metafórica, como usaremos e aplicaremos as súas “tácticas” para levalas ao noso terreo, é dicir, ao oficio de ilustrar.

Mostrareilles exemplos do meu traballo e doutros autores e autoras, onde poderán ver ideas alternativas para expoñer o seu traballo, a aplicación de formatos singulares para ilustrar e o uso de técnicas orixinais para que o seu traballo se vexa, chame a atención, resoe e xa de paso se achegue á xustiza social colectiva.