Pop up! Papel e tesoiras, con Laura Caneira

É un obradoiro de enxeñería de papel onde aprenderemos a mirar os libros como obxectos artísticos a través da técnica do pop-up e o collage. Ademáis de abraiarnos cos libros de Robert Sabuda, Katsumi Komagata ou Marion Mataille, exploraremos as posibilidades do papel como arquitectura xogando cos tipos de pregados e os seus ángulos para crear arquitecturas de papel. A partir de accións tan simples como dobrar, cortar, pregar e empurrar, veremos que crear personaxes ou espazos desde a nosa imaxinación non é unha tarefa imposible.
